CARA DE CAN |
A podenca de nome “Alma” propiedade de Alberto González foi a gañadora |
03/10/2018 |
O pasado domingo 30 de setembro tivo lugar o Campionato de Rastro de Coello modalidade Cara de Can desputado en A Lama (Pontevedra) no Tecor de “San Bartolomé de Xesta”, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración de dita Sociedade de Caza. Á proba acudiron un bo número de participantes con cada respectivo can que durante a maña do pasado domingo 30 de setembro desfrutaron desta apaixoante modalidade na que se valora o bo facer dos cans á hora de atopar e mover coellos individualmente, competindo entre si. Trascorridas as roldas de participación, fase clasificatoria e final, o xurado de competición deu a coñecer a clasificación final. Foi a podenca de nome “Alma” propiedade de Alberto González Vila o que se impuxo como primeiro clasificado cun total de 130 puntos. Seguiuno en segunda posición a podenca de nome “Chicha” de Martín Carballo Suárez. José A. Fernandez Alves co podenco “Morito” tívose que conformar coa terceira posición da proba con 105 puntos. Un xantar de irmandade e a entrega de premios a que asistiron autoridades, organizadores e directivos da FGC, entre os que se atopaba o presidente Javier Nogueira, puxo o punto e final a este campionato. |