EN XULLO E AGOSTO |
Sanidade Animal alerta dos focos de mixomatose en lebres en Castela A Mancha e AndalucĂa |
19/09/2018 |
O Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia ven de trasladar a información remitida dende o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación onde se lles comunica a aparición duns focos de mixomatose en lebres aparecidos este ano en Castela A Mancha e Andalucía, en concreto nos meses de xullo e agosto. Isto implica a imposibilidade de traer animais das zonas afectadas, e tamén a necesidade de extremar as precaucións na compra de animais de fóra de Galicia que poidan ser unha fonte de contaxio para os coellos xa existentes. Agradécese a colaboración de tódolos cazadores e sociedades de caza para evitar que esta enfermidade se espalle por Galicia. Ante calquera dúbida deberá contactarse cos Servizos Veterinarios Oficiais (SSVVOO) correspondentes. |