FURTIVISMO |
Malestar entre os cazadores galegos polo trato recibido por varios medios de comunicaciĆ³n ante un acto de furtivismo |
13/09/2018 |
No día de onte 12 de setembro, saltaba a nova, en determinados medios de comunicación, dun acto de furtivismo acontecido na localidade coruñesa do Val do Dubra. A falta de rigor informativo e seguramente o descoñecemento da actividade cinexética por parte dos redactores de dita noticia levantou un forte malestar entre os cazadores galegos e por conseguinte na Federación Galega de Caza. Titulares da nova como “Ferido grave un cazador que recibiu o disparo dun compañeiro nunha batida de xabariles” ou “Investigan un disparo accidental nunha batida de xabariles no Val do Dubra” aléxanse moito da realidade dos feitos nos cales duas persoas nunha acto de furtivismo resulta un deles ferido por arma de fogo. A Federación Galega de Caza solicita a rectificación da nova por parte dos medios de comunicación involucrados e quere aclarar os feitos: - Unha batida de xabaril é unha modalidade de caza colectiva na que participan de entre 10 a 30 cazadores e non 2 persoas. - A batida de xabaril é unha modalidade autorizada pola Consellería de Medio Ambiente através dos plans anuais de caza e plans de ordeación. Está acción furtiva, como é lóxico, carecía de tódalas autorizacións pertinentes que requiren calquera batida que se realiza en Galicia durante a tempada de caza. Polo tanto estamos ante un acto furtivo e nunca relacionado coa actividade cinexética. É mais, nesa fin de semana, non se celebrou ningunha batida ao xabaril no concello de Val do Dubra. - A batida de xabaril, e segun a Lei de Caza de Galicia, está permitida a súa celebración en horario diurno e con suficiente luminosidade e nunca de noite, momento este no que se produciu dito accidente. - A arma e calibre co que se produciu este accidente non esta permitida para a caza na nosa comunidade. Por isto e polo dito anteriormente a FGC aclara que non son cazadores se non furtivos, cousa moi distinta. A FGC desexa que se rectifique dito comunicado ao mesmo tempo que pide rigor informativo e contraste de información ante futuras noticias relacionadas coa actividade cinexética dado que esta desinformación e falta de veracidade danan a actividade e imaxen da caza e dos cazadores da nosa comunidade. A Federación Galega de Caza tamén aproveita a ocasión para informar que sempre e de xeito rotundo denunciará e rexeitará calquer acto de furtivismo que danen a caza e o patrimonio natural galego. O cazador galego é e será sempre un cazador que practica a caza amparado na legalidade e de xeito sostible. |