COELLO COSTA DA MORTE |
Joja Suárez foi o campión na Costa da Morte |
19/08/2018 |
O pasado 19 de agosto, o Tecor Societario “O Horreo” da provincia de A Coruña acollía o Campionato de Cans de Rastro sobre Coello "Costa da Morte” organizado pola Sociedade de Cazadores Cinexética Carnotana en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña e o Clube de Amigos dos Cans de Caza. Á proba asistía un bo número de lotes de cans e se repartían en varios campos no que a densidade de caza era suficiente para desputar este tipo de probas pero as altas temperaturas e un vento nordes lastrou a presentación dos lotes participantes. O campión da proba era o lote propiedade por José Javier Suárez Rama conformado con “Juper”, “Marco”, “Sarela” e “Canela” con 486 puntos. A medalla de prata con 480 puntos era para o lote formado por "Pipa", "Mia", "Pólvora" e "Lista" propiedade de Jaime López Castro. En terceira posición e con 460 puntos rematou o lote “Marao, Lass, Junior e Miñoca” conducido por José País Serrano. O premio o mellor can da proba foi para "Juper" propiedade do campión José Javier Suárez Rama. |