SAN HUBERTO BETANZOS
En Betanzos o gañador foi René Vale
15/08/2018

O pasado 15 de agosto desputouse no Tecor da Sociedade de Caza Oza dos Ríos unha proba puntuable para a Copa Galicia de Caza San Huberto organizada por dita Sociedade de Caza e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

Foi unha boa xornada para a celebración desta competición cinexética e cunha alta participación, ata 35 cazadores, desenrolándose todo o campionato sen imprevistos e baixo unhas temperaturas moi altas.

O cazador René Vale co seu setter inglés macho de nome “Suaiper de Piago” o que acadou o primeiro posto cun total de 78 puntos, un primeiro posto que xa acadara na edición do ano 2015. Con 77 puntos, o segundo caixón da clasificación final acadouno José María Carnota co setter inglés macho de nome “Halcón de Reinadama”. Roberto Dopico coa pointer “Easy” acadou a medalla de bronce con 53 puntos.