GALEGO DE SAN HUBERTO |
Jaime Aneiros Ardao, Víctor Villar e Nicolasa González foron os Campións Galegos de San Huberto en As Pontes |
04/08/2018 |
O pasado 4 de agosto desputouse nos montes do Forgoselo, sito no concello coruñés de As Pontes, a fase autonómica da disciplina de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza coa colaboración da Sociedade de Cazadores A Venatoria. Destacar as altas temperaturas acadadas no transcurso deste autonómico de caza San Huberto que puxo en apretos aos participantes nas horas centrais do día apesares de que os resultados e puntuacións amosaron a calidade e bo facer de cans e cazadores. Na categoría Masculina o primeiro posto foi para o xoven cazador Jaime Aneiros Ardao co seu pointer macho de nome “Baco da Brisa” con 71 puntos, converténdose no novo campión galego de Caza San Huberto. O participante Corsino Valero Villar coa femia de pointer “kira” obtiña a medalla de prata con 68 puntos. O cazador José Ramón Zamora Lorenzo co pointer macho “Kurko” situouse no terceiro posto con 64 puntos. En Damas o primeiro posto e polo tanto o título autonómico era para Nicolasa González Carrodeguas coa femia de pointer de nome “Conga” e 62 puntos. Ana Isabel Arbiol Ledesma coa pointer femia “Chula de Vilar de Dona” e 49 puntos obtiña o subcampionato namentras que Sandra Rodríguez Rego co setter inglés “Don das Fontiñas”e 47 puntos compretou o podio no terceiro caixón. Na categoría de Levantadores impúxose o cazador Víctor Villar Fernández con “Snow” e 71 puntos. Na segunda posición remataba Juan José Canosa Vigo con “Thor de Forvelaz” e 69 puntos. Diego Fernández López con “Divo” era o que se tiña que conformar co terceiro posto con 66 puntos. Jaime Aneiros Ardao, Corsino Valero, José Ramón Zamora, Jaime Aneiros Leira, Víctor Villar, Juan José Canosa, Diego Fernández, Nicolasa González, Ana Isabel Arbiol e Sandra Rodríguez conforman a selección galega de San Huberto que representará a nosa comunidade no vindeiro campionato nacional da especialidade que neste ocasión se desputará en Galicia, novamente en As Pontes, os vindeiros días 15 e 16 de setembro. Rematada a proba, tivo lugar un xantar e a entrega de premios aos campións por parte das autoridades, directivos da FGC provincial e autonómica e da Sociedade de Caza anfitriona.
|