CANS DE PARADA EN VIMIANZO |
“Nevado” de Antonio Vilar en Británicos e “Lina de La Judería” de Pedro Iglesias acadan a mellor calificación en Vimianzo |
28/07/2018 |
O pasado sábado 28 de xullo, desputouse o Campionato Federación de A Coruña de Cans de Parada puntuable para a Copa Galicia e organizado pola Sociedade de Caza San Vicente de Vimianzo e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña. Á proba acudiron un total de 18 cans dos cales 2 eran de razas Continentais e 16 de Británicos, todo elo baixo unha enorme deportividade e na que cazadores e público desfrutaron do bo facer dos seus cansa inda que as puntuacións acadadas non foron todo o altas en acorde coa calidade dos cans que participaron. Foi, en Brítanicos, o setter inglés “Nevado” de Antonio Vilar Vigo o unico que acadou a calificación cun 1º Bo. En razas Continentais, tamén cunha calificación de 1º Bo, remataba o braco alemán “Lina de la Judería” de Pedro Iglesias Hermida. |