LALIN CAZA PRÁCTICA |
“Gril” de Carnota Ríos foi o dominador en Lalín |
21/07/2018 |
Baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra, o pasado 21 de xullo tivo lugar a Copa Federación de Cans de Parada de Pontevedra que contou cos montes de Lalín e da súa sociedade de cazadores como colaboradores neste campionato. Participaron un total de 19 cans dos cales 16 eran de razas británicas e 3 de razas continentais, sendo o xuíz Jorge Amado Sambade e intervindo como auxiliares José Manuel López Tojo e Jesús Rouco Barreiro. As calificacións foron as seguintes: Británicos: 1º José Maria Carnota Rios con “Gril” (PM) / 1º MOI BO 2º Eloy Rodríguez Martínez con “Bruno da Brisa da Ria” (SIM) / 2º BO 3º Eloy Rodríguez Martínez con “Azor da Brisa da Ria” (SIM) / 3º BO Continentais Os cans participantes non obtiveron calificación. |