COPA GALICIA SAN HUBERTO
Taboada Vigo gañador en Valdoviño
16/07/2018

Manuel Taboada, Paco López e Jaime Aneiros gañaron o pasado 7 de xullo o primeiro homenaxe a Álvaro Suárez Mera do Campionato de Caza de San Huberto que se disputou no concello de Valdoviño, organizado pola Sociedade de Caza locataria e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña. 

Cada un dos 28 cazadores participantes na proba, puntuable para a Copa Galicia, dispuxo de vinte minutos para amosar a súa puntería e a sintonía co seu can para a caza de perdices. 

A clasificación final quedou do seguinte xeito: Manuel Taboada, co seu can setter inglés macho “Ken da Serra Argallo”, con 62 puntos; Paco López, con “Trufa”, 60 puntos; Jaime Aneiros, “Baco”, 59 puntos.