![]() |
XABARIL NA TERRA CHÁ |
O título nacional de xabaril marcha para Asturias da man de Emilio José Fernández con “Toñín” |
16/07/2018 |
Nesta edición, a número XXVI, os galegos non foron profetas na súa terra e o título de Campión de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril foi para a veciña Asturias despois de que o monteiro Emilio José Fernández Gómez co seu can mestizo de nome “Toñín” fixera unha extraordinaria prestación na fase final da proba nacional desputada no Tecor lucense de A Terra Chá. O galego mellor clasificado foi José Manuel Barreiro Rivadas con “Brisa de Soñar” acadando o sexto posto da clasificación final. Os pasados días 13 e 14 de xullo tiña lugar no Tecor de A Terra Chá (Lugo) o Campionato Nacional de Xabaril baixo a organización da Real Federación Española de Caza e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza, a Sociedade Deportiva de Cazadores de A Terra Chá e os concellos de Castro de Rei, Cospeito e Pastoriza así como diferentes patrocinadores e casas comerciais. Destacar o esforzo e implicación de toda a Directiva do Tecor e de xeito moi especial a de José Antonio Gutierrez Falcón.
O plato forte chegaba o sábado 14 coa celebración do campionato, moitos nervos por parte dos participantes que non querían deixar pasar a ocasión de obter un bo resultado neste campionato nacional que se está a converter nunha das probas máis destacadas e con maior empuxe mediatico no calendario de competicións da RFEC. Divididos en 2 terreos, campo A e B, os 35 participantes representantes das diferentes comunidades da cornisa cantábrica, na que esta modalidade de caza ten un maior arraigo, comenzaban a competir nun terreo moi homoxéneo pero baixo unhas temperaturas moi elevadas, feito este que fixo complexa o bo facer de cans e monteiros no rastro. Unha vez rematada a fase clasificatoria, os 6 mellores cans e monteiros de cada campo accederían a fase final. Estes foron os 12 finalistas:
Despois do taco campeiro procedíase á desputa da fase final. Unha final moi dura e de enorme dificultade pero que como informaba o Delegado Nacional de Rastro, José Montoiro, “Unha final dun campionato nacional ten que ser de enorme dificultade porque de ahí sairá o campión nacional”. Celebrada a final os participantes, xuíces, organización e o numeroso público que se achegou a ver o evento desfrutaron do xantar de clausura e entrega de premios e obsequios a todos os participantes despois de dar a coñecer a clasificación final que resultou como segue acontinuación:
![]() |