GALEGO DE XABARIL
Antonio Sánchez con “Tito” gañador do Autonómico de Xabaril
16/06/2018

Na xornada do pasado sábado 16 de xuño os amantes dos cans de rastro sobre xabaril tiñan unha cita no concello lucense de Antas de Ulla onde se desputaría a edición número XXIII do Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril.

Os preto de 40 monteiros clasificados nos seus campionatos provincias, Copa Galicia e o campión da edición anterior, achegábanse a Lugo para desfrutar dun campionato organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Antas de Ulla.

Nun día de sol e co termómetro ascendendo durante o trascurso da proba tiña lugar este autonómico de xabaril que destacou pola calidade dos campos onde tiveron lugar as fases clasificatorias e final así como unha extraordinaria organización liderada por Eduardo Casal.

Unha proba que nesta edición tiña unha un valor engadido xa que de aquí saldrían os representantes galegos no campionato Nacional de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril que se desputará os vindeiros días 13 e 14 de xullo por terras galegas, mais concretamente Lugo e a Sociedade de Cazadores da Terra Cha acolleran esta proba estrela do panorama nacional.

Desputada a fase clasificatoria, os 6 mellores monteiros do campo A e do campo B accederían a rolda final. Nesta rolda previa os monteiros Jesús Ares con “Minicho” no campo A e Iván Fernández Fernández con “Richar” no campo B foron os que acadaron as puntuacións máis altas. 

Desputada a fase final cos 12 monteiros e cans clasificados foi o participante pontevedrés Antonio Sánchez Sexto o que co seu can de nome “Tito” obtiña o primeiro posto con 241,5 puntos e se proclamaba Campión Galego da especialidade.A prata recaeu no monteiro Jesús Ares Lorenzo con “Minicho” cun total de 240 puntos. O derradeiro posto do podio e polo tanto a medalla de bronce foi para Francisco Rodeiro Eiras co seu can “Zeus”, con 235,5 puntos.  

A clasificación restante resultou na seguinte orde: José Manuel Barreiro, Gonzalo Rodeiro, Iván Fernández, Manuel Vecino e  José Manuel González. Sendo estes os oito monteiros que conforman a Selección Galega para o vindeiro Campionato Nacional.