PERCORRIDOS DE CAZA
Cebreiro García gañador da fase provincial coruñesa
12/06/2018

Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza

Na xornada do domingo 10 de xuño disputouse nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza que contou coa organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e a colaboración da Sociedade Río Sar.

Un total de 100 pratos divididos en 4 campos foi o que se atoparon os máis de medio cento de tiradores que participaron neste campionato, incrementándose a participación con respecto a edicións anteriores froito do bo facer de Río Sar.

Foi o tirador Daniel Cebreiro García o que engadiu un título máis o seu palmarés converténdose no Campión Provincial ao acadar escachar un total de 87 pratos que o levaron ao máis alto da clasificación xeral. A segunda posición da xeral foi para o pontevedrés Roberto Rodríguez Fernández que a 1 prato de Cebreiro situábase no segundo posto. Con 84 pratos derribados o terceiro caixón era ocupado polo tirador Luis Sánchez Mancebo. Na clasificación provincial o primeiro posto era para Daniel Cebreiro García, en segunda posición Luis Sánchez Mancebo e completaba o podio Ángel Mosquera Cornide.

  • Na clasificación Senior 1ª o campión era Daniel Cebreiro García, o subcampión Roberto Rodriguez Fernández e o bronce era para Luis Sánchez Mancebo.
  • En Senior 2ªo primeiro posto era para o lucense Marcos Vázquez Cabado, a prata para Santiago José García Bello e o bronce Emiliano Mesonero Sánchez.
  • En Senior 3ª o campión era Rubén Boquete Varela. O segundo posto do podio era ocupado por José Manuel Fernández Añón e xa relegado o terceiro posto situábase Luis Fernando Manjón García.
  • Na categoría de Veteranos o primeiro posto era para Fernando Sánchez Mancebo con 78 pratos, con 74 e segundo Antonio Castro Ferreiro e terceiro Ángel Ramón Vidal Quintela tamén con 74.
  • Namentres que en Superveteranos o título era para Ángel Mosquera Rodríguez con 77 pratos e en Xuvenís o gañador era Antón Moure Segade con 65 arxilas. Con 60 pratos o subcampión dos xuvenís era Julio Fernández Pereira.
  • En Damas a gañadora da proba era María de las Mercedes Saavedra que escachaba 52 pratos.