COMPAK SPORTING OURENSE |
Eliseo Faraldo proclámase Campión Provincial mentres Daniel Cebreiro gaña a proba |
07/05/2018 |
Vinte un participantes tomaban parte o pasado día 6 de maio no Campionato Provincial ourensá de Compak Sporting celebrado baixo a disciplina e organización da Federación Galega de Caza de Ourense en combinación cosa Sociedade de Tiro “A Goberna” de Beariz, que colaborou moi activamente nun torneo que se disputou envolvido nunha deportividade e camaradería exemplar. De xuíces actuaron os titulares Rubén Martínez e Moisés Balboa. O exercicio desenvolveuse a 100 pratos, en dúas canchas e entre as 9 da mañá e as tres da tarde, sendo o nivel bastante bo e o ambiente moi deportivo. Estes foron os resultados: Clasificación xeral
MELLORES DE OURENSE
Damas
Xuvenís
Veteranos
Una ver rematada a tirada e no mesmo escenario competitivo procedeuse a entrega de trofeos e á clausura do Campionato contando coa presenza do Concelleiro de Beariz, José Balboa, así como a do Presidente, Antonio García e o tesoureiro, José Castro Rivela, da Federación Galega de Caza en Ourense. |