RRCC OURENSE |
Luis Saavedra proclámase Campión Provincial, e José Manuel Torres gaña a tirada |
07/05/2018 |
Baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense, unha participación de 35 escopetas e un nivel medio-alto en opinión dos xuíces da proba, o pasado día 5 de maio, tal e como estaba anunciado e nun día de auténtico verán, disputouse o Campionato Provincial ourensá de Percorridos de Caza nas instalacións do Campo de Tiro A Goberna de Beariz, puntuable para seguinte fase da modalidade. O exercicio daba comezo ás nove da mañá e remataba preto das catro da tarde, para seguidamente celebrarse o xantar de clausura nun restaurante de Doade. Acto o que asistiron varios concelleiros e o alcalde, Manuel Prado. Mentres o edil, José Barbosa, poeta, escritor e gran persoa, agasallaba a un bo número de participantes co seu último libro titulado “Merece la Pena”. Tamén ocupou lugar de honor na mesa presidencial a Presidenta da Comunidade de Montes de Candedo e A Forxa, Ana Rodríguez. A tirada disputouse a 100 pratos, en catro canchas e de xuíces actuaron: Moises Balboa, Rubén Martínez, Plácido Pillado e José Moure, e estes foron os resultados finais: 1ª Categoría:
2ª Categoría:
3º Categoría
|