BO NIVEL |
I Proba sobre Xabaril Salvaxe en A Rúa |
02/05/2018 |
O pasado 22 de abril tiña lugar nos terreos do Tecor de A Rúa, a primeira proba sobre xabaril salvaxe na provincia de Ourense. Unha proba organizada pola Sociedade de Cazadores de dito Tecor e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en Ourense. Esta primeira edición foi un encontro de monteiros, nos que se desfrutou do bo facer de cans e cazadores a hora de rastrexar o porco bravo. O alto nivel quedou reflexado nas cualificacións dos seguintes cans que amosamos a continuación:
Desta cualificación fíxose unha mención especial aos tres primeiros excelentes, “Ole de Soñar” de Juan Vecino, por querer desenvolver un rastro que fora descartado pola organización pola súa dureza, e este can desenvolveuno á perfección sen perdidas e gran voz. Outra mención para “Luki” de Eduardo Casal, este can defendeu o rastro duns xabarís nun desbrozado cunha facilidade de seguimento excepcional. E por último “Piloto” de Salvador Sestelo, can novo que fixo un magnífico corte e un rápido seguimento. |