EN XINZO DE LIMIA
José Francisco Otero, novo campión de Ourense de San Huberto
19/03/2018

Tal e como estaba determinado, o sábado 17 de marzo, organizada pola Federación Galega de Caza en Ourense e a Sociedade local, levouse a cabo en terreos do Tecor de Xinzo de Limia, nunha xornada fría e algo chuviosa, e nun campo, o de “A Lomba”, enchoupado en auga caída en abundancia os días e noites anteriores, o que danou enormemente o bo facer dos cadelos, a vez que privaba a curiosos e seguidores da vistosidade que ofrece este exercicio cinexético; disputouse, dicíamos, o “provincial” de caza de San Huberto. 

Cita a que acudiu a flor e nata da venatoria ourensá, entre os que se atopaba o campión da pasada edición, o molgués Pedro Iglesias, a quen lle fallou a escopeta o picarlle debilmente o percutor o pistón e non saírlle o tiro. O veterano ferrolán, José Canosa. O destacado deportista da escopeta Andrés Sánchez, moi afeccionado a subirse o podio dos gañadores, xunto co ferrolán Eliseo Faraldo, que sempre está entre os mellores, ao igual que o coñecido José Otero, quen aproveitou moi ben os 15 minutos de que dispuxo para amosar as cualidades coa escopeta e co can. Así como Pedro Iglesias, ou o rapaz Lucas Otero, que a pesar da súa xuventude volveu a mostrar moi boas maneiras. Calquera deles puido subir o máis alto do podio, xa que por deportividade, gañas e entrega non defraudou ninguén. 

CLASIFICACIÓN

1º e campión, José Fco. Otero González, con “Indio de Pasarín” (PM), e 76 puntos.

2º e subcampión, José Canosa Senlle, con “Lasco da Chousa” (PM), e 63 puntos.

, Eliseo Faraldo Fernández, con “Cume da Brisa” (PM), e 58 puntos.

A responsabilidade de xulgar esta  competición que comezaba ás 9 da mañá para concluír a mediodía, recaeu no titular lucense, José Ángel Seco. Un excelente arbitro que destacou as “boas cualidades e fallo no adestramento” dos participantes en xeral.

Ao final do Campionato e no mesmo escenario da contenda levouse a cabo o acto protocolario da entrega de trofeos e proclamación dos gañadores, para seguidamente desprazarse ata o restaurante “Antela Estación de Servizo” (Xinzo), onde non se serviu un xantar de confraternidade que serviu de broche final o acontecemento.