CANS PARADA OURENSE |
José María Carnota, campión con "Berta" |
19/3/2018 |
O día 18 de marzo, inicio da temporada de pesca con moitos cazadores pateando a beiras dos ríos coa cana e a sedela, e véspera do Día do Pai, da Festividade de San Xosé e derradeiro domingo do inverno, tiña lugar en terras limiás o Campionato Provincial de “Caza Práctica” de Ourense. Contenda que se responsabilizou de estruturar a Federación Galega de Caza de Ourense e a sociedade de caza convídante, a de Xinzo. Torneo que se encargaron de dirixir os federativos Manuel Feijoo Castro e José Castro Rivela, transcorrendo o exercicio das 9 da mañá a pouco despois do mediodía, nus terreos bastante encharcados do Tecor de Xinzo (zona Laroá) e un día frío, ascendendo a participación A 12 cans. Non moitos, certo, pero non por elo careceu o evento dun fenomenal e deportivo ambiente e dun nivel competitivo cualificado “medio” polo arbitro santiagués, José Moure e o lucense José Ángel Seco, quen actuou de titular. CLASIFICACIÓN
Sinalar tamén, que a organización raiou a “excelencia” e que as perdices voaban moi ben o que agradeceron os participantes. Como colofón a actividade cinexética procedeuse a entregalos trofeos no mesmo monte, para a continuación celebrase o acostumado xantar de clausura que neste caso desenvolveuse no Restaurante “Antela Estación de Servizo”. Dicir por ultimo, que un dos obxectivo da organización federativa deste evento de máximo nivel provincial dentro da súa categoría, é o de dar a coñecer este emocionante, vistoso e rechamante deporte, así como promover e mellorar as cualidades naturais, a educación cinexética e o adestramento dos cans de caza, desenvólvense de xeito similar á competición de San Huberto, a excepción de que non hai morte da caza. |