![]() |
SAN HUBERTO CORUÑA |
René Vale, Juan José Canosa e Sandra Rodríguez campións provinciais |
19/3/2018 |
Chegaba unha edición máis da fase provincial de A Coruña da disciplina de Caza San Huberto na que participaron un total de 20 cazadores cos seus respectivos cans. A Federación Galega de Caza de A Coruña, e sempre coa colaboración da sociedade de caza correspondente, desprazouse nesta ocasión o Tecor de Castelo de Vitres-Folgoso das localidades de Boiro e A Pobra do Caramiñal para disputar o provincial de Caza San Huberto.
Na disciplina de Springer o campión era Juan José Canosa Vigo con “Thor de Forvelaz” e 70 puntos. E en segunda posición remataba Eloy Rodríguez Martínez con “Piti de Forvelaz” e 55 puntos. En Damas a campioa era Sandra Rodríguez Rego que participaba co setter inglés “Don das Fontiñas” e obtiña 43 puntos. Como novidade nesta edición e con extraordinaria acollida por parte dos cazadores tivo lugar unha proba de iniciación á competición na modalidade de San Huberto na que puideron participar calquera cazador federados que o desexaran e que non participaran en ningunha competición oficial de San Huberto. Esta proba estivo xulgada por un xuíz titular da FGC que foi o encargado de dar unhas pautas básicas antes do comezo da proba. Sen carácter oficial, a FGC de A Coruña, quixo facer entrega de premios e agasallos a aqueles tres primeiros cazadores que mellor resultado acadaron nesta proba de iniciación. Foi o novo cazador José Manuel Torres Parada o que obtivo o primeiro posto con “Enxa”, Juan Manuel Carou Rey con “Tito” rematou en segunda posición e completou este “singular” podio Jesús Manuel Lamas Becerra con “Malta”. |