II MEMORIAL MARCIAL RAMIL |
“Azor” de Eloy Rodríguez obtivo a mellor calificación en Frades |
12/3/2018 |
A pasada fin de semana, 10 e 11 de marzo, tiña lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores de Frades – A Coruña, un Campionato de Cans de Parada da Federación Galega de Caza en A Coruña. Unha proba de Caza Práctica con CACT da RSCE e puntuable para a Copa Galicia. Destacar a participación de 10 cans na xornada do sábado e 11 na do domingo, duas intensas xornadas para desfrutar da caza e sobre todo dos cans de mostra. Na participación do sábado as razas Británicas acadaron as seguintes cualificacións: O setter inglés macho de nome “Galice de la Fuougere Aigle” conducido por Belisario Bertoa Suárez obtiña unha cualificación de 1º MB. Cun 2º MB remataba o setter inglés “Berta de Vilar de Domas” conducido por José María Carnota Ríos. E xa cun 3º MB finalizaba o tamén setter inglés “Mayor de Bosende” propiedade de Pedro Nieto González. E xa o domingo tan so o setter inglés macho “Azor” propiedade de Eloy Rodríguez Martínez obtivo unha cualificación de 1º EXC. |