ANTE A ADMINISTRACIÓN |
A FGC presenta denuncias polos incidentes do pasado Campionato Galego de Caza de Raposo |
1/2/2018 |
Tras a reunión mantida na Delegación do Goberno, a Federación Galega de Caza (FGC) ven de presentar sendas denuncias ante a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e ante a Secretaría Xeral para o Deporte, polos incidentes ocorridos con colectivos animalistas durante a celebración do pasado Campionato Galego de Caza de Raposo, solicitándolle ás Administracións competentes que se incoen os pertinentes expedientes e se acabe sancionando aos autores dos feitos. Con esta acción a FGC pretende defender unha vez máis os dereitos da caza e os cazadores. |