CAZA DE ARCEAS LUGO
Díaz Paz gañador en Friol
11/12/2017

O pasado sábado 9 de decembro os cazadores lucenses apaixonados pola caza da arcea tiñan unha cita no Tecor de a sociedade de caza de Friol, disputábase unha edición máis do Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

Con boas sensacións en canto a presencia de arceas no Tecor, concentrábanse os cazadores, unha ampla participación que demostra o incremento de apaixonados a esta caza en xeral e de cazadores lucenses en particular.

O campionato transcorreu sen imprevistos e tan so destacar a boa presencia de arceas, capturándose 8 e avistándose un bo número delas.  

Foi o cazador José Manuel Díaz Paz con 500 puntos o que acadou o primeiro posto converténdose deste xeito no novo campión provincial. Co mesmo número de puntos que o campión, Enrique Pérez Vázquez e José Aurelio Álvarez Álvarez acadaban o segundo e terceiro posto respectivamente.

A estes 3 primeiros cazadores clasificados acompañaranos José Manuel Paredes Silvosa e Francisco Javier López Salvador conformando a selección lucense para o autonómico da especialidade.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios puxo o punto e final a esta edición quedando todo emprazado para o vindeiro sábado día 16 de decembro coa disputa do autonómico da especialidade en Forcarei - Pontevedra.