EN OURENSE
A Federación Galega de Caza e as Xuventudes pola Caza estarán presentes en Sportur
15/11/2017

Os vindeiros días 17, 18 e 19 de novembro, desenvolveranse no recinto feiral de Expourense (en Ourense) o I Salón do Deporte e Turimo Activo “Sportur Galicia”, no que tamén estará presente a Federación Galega de Caza (FGC) cun stand e diversas actividades.

No stand, tanto os cazadores como as sociedades de caza atoparán á súa disposición un servizo de información e asesoramento sobre calquera cuestión relacionada coa actividade cinexética, documentación, etc e sobre a actividade que realiza a Federación.

Stand da FGC na pasada feira FECAP - Semana Verde de Silleda

As actividades que desenvolverá a FGC nesta feira son as seguintes:

  • Actividades de Arco a cargo de tiradoras da Selección Galega
    • Venres 17, ás 11,30 horas e ás 17,30 horas
    • Sábado 18, ás 12 horas e ás 17,30 horas
    • Nas actividade de arco poderán participar tamén nenos e adultos.
  • Stand da FGC e das Xuventudes pola Caza, atendido permanentemente durante todos os días da feira por persoal da FGC Ourense, e por mozos e mozas do colectivo das Xuventudes pola Caza.
  • Simulador de tiro virtual, no que poderá participar o público de xeito totalmente gratuíto durante todos os días da feira.
  • Sorteos diarios de Seguros de R.C. do Cazador da modalidade “Premium”, Subscricións da Revista Galicia Cinexética, e lotes de produtos corporativos da FGC. Haberá sorteos diarios (mañá e tarde),  entre o público que se achegue ao stand da Federación Galega de Caza.

Ademais da FGC, estarán presentes no I Salón de Sportur Galicia outras federacións e asociacións deportivas galegas, con diversas actividades lúdicas e deportivas, polo que calquera afecionado ao deporte federativo ten unha cita esta fin de semana en Ourense.

Descargar avance actividades Sportur