SEGUNDO A LEI DO DEPORTE |
So a FederaciĆ³n Galega de Caza pode emitir licenzas federativas de caza en Galicia |
7/11/2017 |
A Federación Galega de Caza (FGC) desexa recordar que, de acordo co artigo 32.4 da Ley 10/1990, de 15 de octubre, del Deporte, é a única entidade facultada para a emisión de licenzas federativas de caza de carácter autonómico e nacional válidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Polo tanto, todas aquelas licenzas federativas emitidas a cazadores galegos por outras entidades alleas á FGC carecen absolutamente de calquera validez. Así o recolle o certificado emitido pola Real Federación Española de Caza. |