ULTIMO CURSO FGC 2017
O cazadores lucenses apostan pola formaciĆ³n
6/11/2017

Na tarde do pasado venres 3 de novembro os cazadores lucenses tiñan unha cita coa formación e a información cinexética. A cidade amurallada recibía a máis de 140 cazadores, gardas, directivos de sociedades de caza, etc. para obter coñecementos sobre 2 bloques temáticos transcendentais na actividade da caza: Formación de Responsables de Sociedades de Caza e Seguridade na Caza e Primeiros Auxilios.

O salón do Hotel Méndez Núñez ateigábase de cazadores chegados dende diferentes Tecores lucenses, estando a maioría das Sociedades de Caza da provincia representadas por socios ou membros das súas xuntas directivas. 

Unha xornada intensa na que durante máis de 6 horas os asistentes recibiron información sobre a seguinte temática:

  • Seguridade nas cacerías
  • Primeiros Auxilios de persoas e cans
  • Xestión Interna e administrativa dunha sociedade de caza
  • Xestión e aproveitamento sostible dos recursos cinexéticos

Destacar o interese e a atención mostrada por tódolos asistentes que foron moi participes durante os relatorios e interactuando en todo momento cos relatores.