GRAN ACTUACIÓN
Cinco podios para Galicia no Nacional de Agility
6/11/2017

IV Campionato de España de Agility 2017

Os pasados días 3, 4 e 5 de novembro disputábase en Castellón o Campionato de España de Agility 2017. Un campionato no que a selección galega quedaba máis que satisfeita do papel realizado nas diferentes categorías. 

Así foron os resultados acadados pola selección galega de agility:

  • Na categoría 30 “Toy”, Eva Gonzalo con “Laia de Wecan” subía ao máis alto e convertíase en Campioa da Copa Junior.
  • Na categoría 60 Elsa González  con “Lola de Meigacans” obtiña o bronce na Copa Junior
  • Na disciplina 60 absoluta, Alejandro Sequeiro con “Ron de Tercans” obtiña o título de Campión de España. Na mesma categoría, Manuel Santomé con “Eo de Tercans” tamén traía para Galicia o subcampionato de España.
  • E no Bonus Class, final de consolación para os que non entraron na final de cada categoría, o representante galego Alejandro Piñeiro con “Nube” segundo en categoría 60.