CAZA MENOR CORUÑA
Boquete Varela gañador en San Sadurniño
31/10/2017

Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can

O pasado sábado 28 de outubro disputouse nos terreos do Tecor de Narahío, en San Sadurniño, o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

A esta fase provincial acudiron un total de 18 cazadores, e foi un campionato que, sen dúbida, estivo marcado pola dureza e pola caza avistada, que xunto coa boa climatoloxía reinante durante toda a xornada, permitiu desfrutar aos cazadores dunha boa xornada cinexética.  

Foi o cazador Rubén Boquete Varela o que obtivo mellor resultado o acadar o título de Campión Provincial con 1.650 puntos. En segunda posición remataba José Manuel Torres Parada con 850 puntos. Oscar Suárez Ventoso repetía a posición acadada na edición anterior e tíñase que conformar coa terceira posición deste campionato acadando a puntuación de 550 puntos.

A estes tres cazadores acompañaranos Javier López Cendan, Fabián Barge Vilela e Alejandro Mosquera Silvade, conformando deste xeito o equipo que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade que se disputará este sábado día 4 de novembro en Tordoia – A Coruña.