PERCORRIDOS DE CAZA
Elisardo Cea adxudícase o Memorial en Río Sar
4/10/2017

Campionato de Percorridos de Caza Memorial José e Manuel Cea Seoane

O pasado 30 de setembro disputouse no Campo de Tiro Río Sar, unha cita xa consolidada dentro da disciplina de Percorridos de Caza en Galicia, o Memorial José e Manuel Cea Seoane disputado a 100 pratos e organizado pola Sociedade Deportiva Río Sar.

Á proba acudiron mais de medio cento de tiradores chegados das catro provincias galegas que desfrutaron dunha intensa xornada de disparos e pratos. 

Rematada a competición, foi o tirador Elisardo Cea Cebreiro o que acadaba o primeiro posto da clasificación Xeral ao escachar un total de 87 pratos. Co mesmo número de pratos pero en segunda posición remataba Antonio Iglesias Otero. O terceiro caixón do podio foi ocupado polo tirador Luís Hidalgo con 86 pratos.

Na categoría de Veteranos o campión foi o tirador José González Yáñez con 82 pratos escachados. Ángel Ramón Vidal Quintela e Mario González Yáñez acadaban o segundo e terceiro posto respectivamente con 79 pratos, tras realizar o desempate.

Na categoría Junior o gañador era Antón Moure Segade con 68 pratos e en Superveteranos impoñíase José María González con 70 pratos.

Na categoría Handisport o gañador era Artemio Formoso Barro con 84 pratos.

Rematada a competición e durante a entrega de premios, a Sociedade Deportiva Río Sar quixo facer unha mención especial as casas e entidades patrocinadoras así como un agradecemento especial aos árbitros da competición. 

Un xantar de irmandade puxo o colofón a este Memorial.