RASTRO COELLO CORUÑA |
José Antonio Fernandes gañador en Camariñas |
18/9/2017 |
O pasado sábado 16 de setembro disputouse unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello no Tecor Cabo Villano de Camariñas, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita Sociedade de Cazadores. Moitos levantes e persecución proporcionaron o disfrute de cans e participantes neste Campionato Provincial no que destacou a ampla participación con 64 cans inscritos en 16 lotes. Foi o lote propiedade de José Antonio Fernándes Alves o que acadaba o título provincial co seu lote formado por “Sila, Mora, Lina e Lassie” con 523 puntos. O subcampionato recaía en José Javier Suárez Rama co seu lote composto por “Canela, Monsieur, Sarela e Oda” e 521 puntos. O terceiro posto era para o lote propiedade de Oscar Esparís Agra cos seguintes cans “Hix, Pol, Eros e Fofur”. A cadela de nome “Sila” propiedade do campión José Antonio Fernándes Alves foi nomeado como Mellor Can da proba con 140 puntos. Estes tres primeiros lotes clasificados representarán á provincia de A Coruña no vindeiro Campionato Galego da especialidade. Unha final autonómica que se disputará nos primeiros días do mes de outubro. |