EN TÓDALAS PROVINCIAS | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Arranca unha nova edición dos cursos de caza da FGC | ||||||||||||||||||||||||||||||||
15/9/2017 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
A Federación Galega de Caza (FGC), ven de publicar o calendario dos vindeiros cursos de formación de cazadores e responsables de sociedades de caza, que organiza en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Durante os próximos meses a FGC realizará en tódalas provincias Cursos de Prevención da Siniestralidade na Caza, mediante os que se pretende formar aos cazadores en materia de seguridade na caza e primeiros auxilio; e este ano, como novidade, impartiranse tamén cursos de Formación dos Responsables das Sociedades de Caza dirixidos aos representantes das entidades asociativas, a través dos que se pretende formar aos directivos na xestión interna dunha sociedade de cazadores tanto en materia administrativa como no aproveitamento sostible dos recursos cinexéticos.
As inscricións -que son libres e gratuitas- poden realizarse por correo electrónico ou teléfono nas sedes das FGC das distintas provinciais, ou a través da seguinte ligazón: | ||||||||||||||||||||||||||||||||