GALEGO ARCO |
As mellores frechas galegas voaron en Soutomaior |
29/8/2017 |
O pasado 27 de agosto disputouse en Soutomaior – Pontevedra - o Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración do Clube Cazarco. No autonómico de Percorridos de Caza con Arco os participantes enfrontáronse a numerosas siluetas 3D dispostas en diferentes propostas a distancias variables. Propostas que fixeron que os mellores arqueiros galegos tiveran que afinar os seus arcos para acadar os primeiros postos do autonómico. Na categoría de Arco Asistido o primeiro posto da clasificación foi para Rafael Ángel Nieto quen con 185 puntos se converteu no campión da proba. En segunda posición situouse o arqueiro Eloy Álvarez Couñago con 174 puntos. Con 171 puntos e en terceira posición clasificouse Álvaro Iglesias Lorenzo. En Arco Tradicional o primeiro posto da proba foi para Abel López Lepiani con 221 puntos. Lee Ransdale con 209 e Jacobo Santore Lorenzo con 154 puntos, facíanse co segundo e terceiro posto respectivamente. Na categoría de Damas Asistido foi Dolores Bugarín Codeseda a que con 163 puntos se convertía na campioa da proba. Seguiuna Marina Oliveira Amoedo en segunda posición con 108 puntos. Completou o podio a arqueira Mari Carmen Novoa Varela con 77 puntos. Oscar Álvarez Couñago convertíase no campión da proba na categoría de Junior con 120 puntos. O arqueiro Ismael Figueroa subía o primeiro posto en Cadetes con 95 puntos. Coa suma dos puntos das diferentes probas puntuables a clasificación do campionato galego resultou do seguinte xeito: Na categoría de Arco Asistido o primeiro posto da clasificación foi para o pontevedrés Ángel Villaverde Balado quen se converteu no novo Campión Galego da especialidade. En segunda posición situouse o tamén arqueiro da provincia de Pontevedra Rafael Ángel Nieto. E en terceira posición e medalla de bronce clasificouse Juan Carlos Fernández. En Arco Tradicional o primeiro posto do Campionato Galego foi para Jacobo Santore Lorenzo. Carlos Rama Rodríguez e Lee Ransdale, facíanse co segundo e terceiro posto respectivamente. Na categoría de Damas Asistido foi Dolores Bugarín Codeseda a que se convertía na nova Campioa Galega. Seguiuna Mari Carmen Novoa Varela en segunda posición e medalla de prata. Completou o podio a arqueira Marina Oliveira Amoedo co bronce. Oscar Álvarez Couñago convertíase no Campión Galego na categoría de Junior con 28 puntos. O arqueiro Marcos Gómez Dacosta e Abel López Arias, tíñanse que conformar coa segunda e terceira posición respectivamente. En Cadetes o primeiro posto era para Ismael Figueroa seguido de José Couñago. |