EN A GOBERNA |
Manuel Blanco impúxose na "mixta" de Percorridos e Compak de Beariz |
23/8/2017 |
O campión, Manuel Blanco Organizada pola Sociedade Deportiva “A Goberna” de Beariz (Ourense) e autorizada e supervisada pola Federación Galega de Caza Provincial, o día 20 do mes de agosto disputouse no complexo de tiro locatario unha tirada “mixta” de Percorridos e Compak Sporting. Disciplinas descoñecidas para moitos e na que tomaron a alternativa varios afeccionados da comarca. A competición transcorreu baixo un sol (40º) de xustiza, disputándose nun escenario magnífico entre as 6 e as 9 da tarde. Tiráronse 50 pratos e na mesma participaron unha vintena de deportistas sendo os encargados de xulgar o seu desenrolo, Alfredo Reneda e Florentino Fernández Amaro. Así quedou a clasificación:
Comentar tamén, que deportividade e ambiente déronse a man e que a Sociedade local que preside Francisco González González, o que contou coa colaboración do Presidente da Sociedade Venatoria local “A Goberna-Regueiro”, Víctor Manuel Barros, postulouse deste xeito para acoller o longo do ano diferentes probas deste tipo a partires de agora. Asociación da que tamén forman parte como directivos: José Manuel Fortes, Tomás José Sancho, Jorge Cores e como vogal e colaborador especial, Pepe Balboa, pioneiro en por en escena hai moitos anos o tiro ao prato en Beariz. Os catro primeiros clasificados da proba O remate da contenda e logo dunhas palabras de agradecemento dos organizadores aos participantes, procedeuse a entrega dos diplomas acreditativos e dos premios en metálico que había en xogo. Todo resultou ameno e agradable. |