EN SARRIA, LUGO |
Edelmiro Leira, Miguel Fornell e Sandra Rodríguez foron os Campións Galegos de San Huberto en Sarria |
06/08/2017 |
O pasado 6 de agosto desputouse no concello lucense de Sarria, a fase autonómica da disciplina de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza coa colaboración da Sociedade de Cazadores de A Xesteira. Destacar as altas temperaturas acadadas no transcurso deste autonómico de caza San Huberto que puxo en apretos aos participantes nas horas centrais do día apesares de que os resultados e puntuacións amosaron a calidade e bo facer de cans e cazadores. Na categoría Masculina o primeiro posto foi para o cazador Edelmiro Leira Pérez co seu pointer macho de nome “Brio da Brisa” con 81 puntos, converténdose no novo campión galego de San Huberto. O participante José Sanmartín Pérez con “Goros do Lugar Vello” obtiña a medalla de prata con 77 puntos. O xoven cazador Juan José Canosa Vigo con “Zeus da Chousa” situouse no terceiro posto con 71 puntos. En Damas o primeiro posto e polo tanto o título autonómico era para Sandra Rodríguez Rego con “Don das Fontiñas” e 85 puntos. Nicolasa González Carrodeguas con “Conga” e 75 puntos obtiña o subcampionato namentras que Ana Isabel Arbiol Ledesma con “Drago dos Potinhos” e 53 puntos compretou o podio no terceiro caixón. Na categoría de Levantadores impúxose o cazador Miguel Fornell Garcúa con “Coca” e 65 puntos. Na segunda posición remataba Juan José Canosa Vigo con “Thor de Forvelaz” e 55 puntos. Eloy Rodríguez Martínez con “Uncle Sam de los Tres Robles” era o que se tiña que conformar co terceiro posto con 49 puntos. Rematada a proba, tivo lugar un xantar e a entrega de premios aos campións por parte das autoridades, directivos da FGC provincial e autonómica e da Sociedade de Caza anfitriona. |