PARA O ANO 2017
Publicada a listaxe de entidades deportivas subvencionadas pola Secretaría Xeral para o Deporte
10/7/2017

O pasado venres púxose a disposición dos interesados, na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, a listaxe definitiva das subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 25 de novembro de 2016.

Dado que o prazo para solicitar o cobro e xustificar a subvención concedida será dun mes dende o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, enviarase de novo aviso vía e-mail o día da súa publicación (dado que é a partir desta data cando se pode solicitar o cobro e presentar a documentación xustificativa).

Recoméndase aos beneficiarios que antes de entregar a documentación revisen a Guía disponible, elaborada para facilitarlles o proceso de solicitude e cobro da subvención.

Recórdese que para poder cobrar a subvención, as entidades beneficiarias deben ter adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, tendo de prazo ata o momento da xustificación da subvención.