RRCC CORUÑA
Iglesias Otero gañador da fase provincial
12/6/2017

Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza

Na xornada do domingo 11 de xuño disputouse nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza que contou coa organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e a colaboración da Sociedade Río Sar.

Un total de 100 pratos divididos en 4 campos foi o que se atoparon os 45 tiradores que participaron neste campionato. Un campionato marcado pola boa climatoloxía que permitiu a tiradores e público desfrutar dunha moi boa xornada de competición.

Foi o tirador Antonio Iglesias Otero o que engadiu o seu xa amplo palmarés un título máis de Campión Provincial ao acadar escachar un total de 92 pratos que o levaron ao máis alto da clasificación xeral. A segunda posición da xeral foi para o lucense Marcos Vázquez Cabado que a 4 pratos de Antonio Iglesias situábase no segundo posto. Con 86 pratos derribados o terceiro caixón era ocupado polo tirador José Manuel Torres Parada. Na clasificación provincial o primeiro posto era para Antonio Iglesias Otero, en segunda posición José Manuel Torres Parada e completaba o podio Daniel Cebreiro García.

Na categoría de Veteranos, e despois de realizar un desempate a tres, o primeiro posto era para Juan Sánchez Mancebo, segundo Ángel Ramón Vidal Quintela e terceiro Elisardo Cea Cebreiro namentres que en Superveteranos o título era para Ángel Mosquera Rodríguez con 71 pratos e en Xuveniles o gañador era Antón Moure Segade con 67 arxilas.

En Damas a gañadora da proba era María de las Mercedes Saavedra que escachaba 61 pratos.

Na Clasificación por equipo os tiradores José Manuel Torres Parada, Juan Carou Rey e Miguel Noya Viñas eran os campións con 249 pratos.  Con 247 pratos o equipo segundo clasificado era o conformado por Emiliano Mesonero Sánchez, Arturo Embade Rodríguez e Manuel García Pombo. Fernando, Juan e Luis Sánchez Mancebo era o equipo terceiro clasificado con 241 puntos.