EN RIO SAR |
Iglesías Otero domina de principio a fin o autonómico de Compak |
5/6/2017 |
Foi o tirador coruñes Antonio Iglesias Otero, acostumado a estar sempre no máis alto, o que se fixo con este campionato autonómico despois de realizar unha extraordinaria tirada durante toda a xornada, sobrepasando en 8 pratos ao segundo clasificado, Martín Baqueiro que non foi quen de revalidar o título. Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar, arrincaba esta décimo oitava edición da fase final do autonómico de Compak Sporting con 67 tiradores inscritos. Un campionato desputado a 150 pratos en 3 campos a duas voltas e con esquemas con gran variedade de pratos e traxectorías. Destacamos o esforzo organizativo por parte da directiva da Sociedade Deportiva Río Sar durante moitos días previos a esta cita do tiro galego. Unha Sociedade que ten ante sí dous meses de duro traballo coa organización do autonómico de Percorridos e a cita estrela do 21 ao 23 de xullo coa celebración do Campionato de España de RRCC. Foi o tirador Antonio Iglesias Otero o que se facía co Campionato Galego ao acadar un total de 136 pratos. Unha victoria relativamente ampla con respecto o triple empate a 128 pratos que se produxo para o segundo posto entre Martín Baqueiro Villafines, Daniel Cebreiro García e Marcos Vázquez Cabado. Neste desempate o gañador foi Martín Baqueiro que obtivo deste xeito a medalla de prata superando a Daniel Cebreiro que compretaba o podio nesta categoría absoluta. En veteranos o campión da proba era Elisardo Cea Cebreiro con 119 pratos, adicándolle a victoria a Emilio López Mosquera. Juan Garrido Amoedo e Mario González Yáñez con 118 pratos tamén tiveron que resolver un desempate no cal o lucense González Yáñez resultaba gañador e se convertía no novo campión galego. Artemio Formoso en handisport, José María González Rodríguez en superveteranos, Antón Moure Segade en xuvenís e Mercedes Saavedra en donas eran os campións nas diferentes categorías. Como ocorreu na pasada edición, tivo lugar unha clasificación por equipos, na que resultaba gañador o equipo composto por Antonio Iglesias Otero, Manuel García Pombo e Rubén Boquete Varela con 371 pratos. Martín Baqueiro Villafines, Manuel Blanco Puertas e José Manuel Dasilva Fernández era o equipo segundo clasificado con 370 pratos. Con 356 pratos e en terceira posición remataba o equipo de Daniel Domínguez Treinta, Alberto Abad Comesaña e José Antonio Vasconcellos Vicente. A selección galega quedaba composta polos seguintes tiradores: Antonio Iglesias Otero, Martín Baqueiro Villafines, Daniel Cebreiro García, Artemio Formoso Barro e Mario González Yáñez. |