EN PORTOMARÍN |
A Festa dos cazadores lucenses |
29/5/2017 |
Salvador Sestelo en Rastro de Xabaril, Manuel Taboada en San Huberto, Artemio Formoso en Percorridos de Caza, José Antonio Vasconcellos en Compak e Javier Álvarez e Vicente Cortes en Caza Práctica; foron os Campións das Probas desta vixésimo primeira edición da Festa da Caza de Lugo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e desputada no concello de Portomarín. A Festa, comezaba na xornada do sábado 27 de maio coa celebración da competición de Compak Sporting para rematar o domingo 28 coa disputa das disciplinas de Rastro de Xabaril, Cans de Parada, Percorridos de Caza e caza San Huberto; todo elo nos montes do Cristo e do Castelo situados no concello lucense de Portomarín. A diferenza do ocorrido en edicións anteriores, a choiva quixo estar presente nesta XXI edición facendo máis complexa aínda a organización desta Festa da Caza que a pesar de iso foi un éxito de participación, máis alta que en edicións anteriores e con cazadores galegos e tamén chegados de Madrid, Estremadura e Portugal. No Campionato Provincial de Compak Sporting celebrado no campo de tiro eventual da Sociedade de Cazadores de San Nicolás, disputado a 50 pratos, os 19 tiradores participantes tentaron escachar o maior número de pratos. Foi o tirador pontevedrés, José Antonio Vasconcellos Vicente, o que acadou o primeiro posto da Clasificación Xeral e primeiro na segunda categoría. O segundo posto era para o tirador de lucense, Jorge Vázquez Iglesias que se convertía deste xeito no Campión Provincial. Xa na terceira posición desta edición remataba Carlos Misa Alonso. En Handisport o primeiro posto era para Artemio Formoso. En Xuveniles impoñíase o tirador Alejandro Fernández Seco namentres que en Veteranos o gañador era Mario González Yáñez. Completaba o grupo de campións desta modalidade José María González Rodríguez na categoría de Superveteranos. Daniel Domínguez Treinta era o primeiro clasificado na 1ª categoría. O XXVII Trofeo Cidade de Lugo de Caza Práctica desenrolouse no Monte Castelo, O Campionato Provincial de Percorridos de Caza celebrouse nos terreos da Sociedade de Cazadores de San Nicolás, disputado a un total de 100 pratos con moi diversos postos de tiro e traxectorias que encandilou os 43 tiradores participantes. Foi o tirador Artemio Formoso Barro o que se impoñía nesta disciplina cunha destacada tirada ao facer 91 pratos, catro máis que o segundo clasificado, facéndose así co primeiro posto da Clasificación Xeral e obtendo o título de Campión Provincial e campión de Handisport. O segundo posto era para o tirador José Antonio Vasconcellos Vicente de Pontevedra con 87 pratos, Marcos Vázquez Cabado obtiña a medalla de bronce. En Superveteranos impoñíase o tirador José María González Rodríguez. Mario González Yáñez en Veteranos e Antón Moure Segade en Xuvenís completaba o grupo de campións desta modalidade. Na modalidade de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, disputábase unha edición máis do Campionato Provincial puntuable para a Copa Galicia e á que acudían preto de 40 cans. Na fase final impoñíase o monteiro pontevedrés Salvador Sestelo Núñez con “Pumuky” con 206 puntos. Na segunda posición remataba o lucense Martín Martínez García con “Paco” converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade con 200,5 puntos . Xa na terceira posición situábase José Quintela García con “Clas” e 199 puntos. A selección provincial que representará a Lugo no vindeiro campionato galego estará formada por: José Manuel Fernández (actual campión galego), Martín Martínez, José Quintela, Michael Otero, Antonio Polo Calvo, Joaquín Candido Cao, Albano Pérez, Luis Otero, Luis Otero Pena, Noel Rodríguez e Manuel Val. Na XXI edición do Campionato Provincial de Caza San Huberto foi o cazador coruñés Manuel Taboada Vigo o se convertía no campión da proba con 71 puntos namentres que Pedro Iglesias Hermida era o segundo clasificado con 62 puntos. O terceiro clasificado e Campión Provincial foi José María Carnota Ríos con 55 puntos. Os cazadores José María Carnota, Eduardo Blanco, Unai Arteche, Antonio Costa, Ana Isabel Arbiol e Jesús Vázquez conforman a selección lucense que representará a Lugo no vindeiro campionato autonómico da especialidade. Na disciplina de Levantadores o primeiro posto era para Juan José Canosa Vigo con “Thor de Forvelaz”. Miguel Fornell García con “Eva de Forney” era o segundo clasificado e Campión Provincial. O terceiro posto era para Eloy Rodríguez Martínez con “Unclesain”. Unha vez rematadas tódalas competicións, participantes, organización, público e autoridades gozaron dun xantar de irmandade na que se deron cita preto de 300 comensais. |