RASTRO XABARIL CORUÑA |
Rodeiro Eiras con Rato adxudícase o provincial |
22/5/2017 |
Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril O pasado 20 de maio no concello de O Pino e máis concretamente nos terreos do Tecor da Sociedade de Caza A Magdalena disputábase o Campionato Provincial de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril organizado pola Federación Galega de Caza de A Coruña coa colaboración de dita Sociedade de Caza. Un total de 20 cans conducidos por 16 monteiros participaron nesta fase provincial que estivo xulgada polos xuíces Guillermo Barreira Folgueira e Eduardo Casal Vázquez. Unha vez disputada a fase final da proba, foi o monteiro Francisco Rodeiro Eiras co seu mestizo “Rato” o que se converteu no novo Campión Provincial ao obter unha puntuación total de 258 puntos. En segunda posición situouse José Luis Iglesias Neira con “Cañón” con 228,5 puntos. Xa na terceira posición o podio completouno José Manuel Barreiro Rivadas con “Brisa” e 221 puntos. Na entrega de premios acompañaron aos participantes diferentes directivos da Sociedade de Caza e da FGC en A Coruña asi como Manuel Taboada Vigo alcalde do concello de O Pino. Os monteiros Francisco Rodeiro Eiras, José Luis Iglesias Neira, Manuel Rodeiro González, José Manuel Barreiro Rivadas, Carlos Arnoso García, Gonzalo Rodeiro Louzao, Javier Devesa Bouzón, Manuel Bujan Mella, José Antonio González Seijo e José Manuel Blanco Castro compoñen a representación de A Coruña para o vindeiro Campionato Galego da modalidade. |