COMPAK SPORTING |
Daniel Cebreiro imponse no provincial de Pontevedra |
15/5/2017 |
O pasado domingo 14 de maio disputouse en San Andrés de Xeve o Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do Club de Tiro Río Lérez. No campo de Tiro do Club Río Lérez déronse cita un total de 52 tiradores que se disputaron este provincial a 100 pratos en dous campos a dobre volta, ao longo da xornada dominical. Na categoría xeral absoluta o gañador era o tirador Daniel Cebreiro García con 91 pratos derribados, non sen antes manter un forte pulso con José Manuel Torres Parada quen tamén con 91 pratos foi superado por Cebreiro nun intenso desempate obtendo a medalla de prata. Daniel Domínguez Treinta completaba o podio en terceira posición con 89 pratos e convertíase no Campión Provincial da especialidade. Na categoría de veteranos o campión foi José Rodríguez Cameselle con 72 pratos escachados. Juan Garrido Amoedo foi o tirador segundo clasificado con 71 pratos. A un prato de Garrido remataba en terceira posición Jaime Vilas Pereira. En superveteranos o gañador era Ángel Vidal Conde con 46 pratos escachados por diante de Luis Salmerón Madera que con 45 puntos obtiña a segunda posición. |