RASTRO XABARIL |
Rato de Francisco Rodeiro foi o mellor no provincial de Pontevedra |
15/5/2017 |
O pasado 13 de maio, un día climatolóxicamente ruín, prexudicando a choiva e o forte vento o bo desenvolvemento dunha competición que tivo de anfitrión o lugar de Valdroa en Viascón (Cotobade) que foi catalogado polos participantes de “excelente escenario”; desenvolvíase o XV Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, no que participaron 27 monteiros e 35 cans, sendo o nivel competitivo “alto”, a dicir dos árbitros da contenda. O exercicio transcorreu entre as 9:30 e as 14:30 do serán e estes foron os resultados: CLASIFICACIÓN
XUVENÍS
Rematado o tradicional xantar de confraternización que presidiu o presidente da FGC de Pontevedra, Paco Couselo, e o que asistiu tamén o Alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, así como o presidente social de caza, Jorge A. Ventín Lorenzo, entre outras autoridades, procedeuse a entrega de premios e a clausura do evento. |