![]() |
MEMORIAL RASTRO XABARIL |
Monteiros en Meira lembran a Raúl Cartea |
8/5/2017 |
O pasado 30 de abril tiña lugar no concello lucense de Meira unha proba de Rastro á Trela sobre Xabaril Salvaxe organizada pola Sociedade de Cazadores de Meira e contando coa colaboración do Concello de Meira e a Federación Galega de Caza. Unha intensa choiva previa ao inicio da procura de rastros por parte dos monteiros da organización engadiu máis dificultade a este tipo de probas xa de por si impredecibles por tratarse de rastros salvaxes. Apesares da climatoloxía adversa os rastros foron aparecendo e os 16 monteiros inscritos puideron facer as súas prestacións. Destacar o papel organizativo de Guillermo Barreira quen dispuxo de mais de unha ducia de monteiros para a procura de rastros. Divididos en dous grupos, cans e monteiros foron amosando ao público asistente nos terreos dos Tecores de Meira, o Moucho e a Terra Cha o bo nivel a hora de rastrexar o porco bravo. As calificacións dos cans participantes otorgadas polos xuíces Eduardo Casal e José Castosa foron as seguintes:
Rematada a competición tivo lugar un emotivo xantar ao que asistiron familiares e amigos e compañeiros de Caza de Raúl Cartea. Máis de 100 persoas quixeron compartir e recordar ao cazador e xuíz Cartea, arroupando aos familiares durante a clausura da proba. Unha clausura na que interviron varios directivos da Sociedade de Caza de Meira, o alcalde de Meira Antonio de Dios e unha ampla representación da Federación Galega de Caza entre os que se atopaba o vocal Juan Ángel Alonso, o vicepresidente José Luis Valcárcel, o presidente da FGC en Lugo Francisco López e o presidente da FGC Javier Nogueira. |