RRCC OURENSE
O pontevedrés Xosé Manuel Dasilva foi o mellor en Ourense
8/5/2017

Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza

Tendo de esceario o Campo de Tiro de A Piteira (Carballeda), unha climatoloxía non moi de este tempo pero que non influiu nos resultados e baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a Sociedad locataria de Caza, este pasado sábado, día 6 de maio, entre as 9,30 e as 14,30 disputouse a 100 pratos o Campìonato Provincial de Percorridos de Caza nas diferentes categorías e puntuable para o Galego da especialidade. 

Á convocatoria acudiron 37 especialistas que amosaron o seu coñecemento e maña coa escopeta a pesar de que o nivel, ainda que alto, non acadou a cota doutras tiradas.

O que si tivo boa nota foi a organización e a deportividade posta de manifesto polos protagonistas da contenda que estivo arbitrada polos titulares: Xosé Antonio García Blanco, Ruben Boquete, Moises Balboa,  Francisco Viqueira Castro. Así quedaron as clasificacións:

 

Xeral:

  • 1º e campión, Xosé Manuel Dasilva Fernández (Pontevedra).
  • 2º e subcampión, Xosé Manuel Torres Parada (A Coruña).
  • 3º Daniel Cabreiro García (A Coruña).
  • 4º e campión provincial, Jorge Vázquez Iglesias (Ourense).

Veteranos:

  • 1º, Cristino Román Mera (Pontevedra).
  • 2º e campión provincial, Isaac Otero Penedo (Ourense).

Superveteranos:

  • 1º e campión, Abel Andrés Otero (Ourense).

Damas:

  • 1ª e campiona, María Mercedes Saavedra Suárez (Ourense).

Juniors:

  • 1º e campión, Antón Moure Segade (Coruña).
  • 2º e campión de Ourense, Lucas Otero Álvarez.

Handisport:

  • 1º e campión, Juan José Iglesias Cobas (Ourense)

Como remate levouse a cabo o tradicional xantar de confraternización no Restaurante Xardín do Carballiño, sendo o seu final cando se procedeu a entrega de trofeos e a clausura do torneo, asístindo os federativos Manuel Feijóo, José Castro e Florentino Fernández, así como o presidente da sociedade local, José Otero.