COPA GALICIA SAN HUBERTO |
Jaime Aneiros gañador en Monte Salgueiro |
4/5/2017 |
VII Campionato Cabo Fisterra de San Huberto O pasado 29 de abril tivo lugar o VII Campionato de Caza san Huberto Cabo Fisterra, unha proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade e baixo a organización da Sociedade de Cazadores Cinexética Carnotana e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña e os terreos de Prado Salgueiro. Á cita acudiron un total de 24 cazadores que se repartiron en 3 campos e foron xulgados por 3 xuíces. A fase final pasarían 6 cazadores resultando a clasificación final como segue a continuación: Jaime Aneiros Ardao co seu can pointer macho de nome “Baco” acadaba o primeiro posto converténdose deste xeito no campión da proba con 70 puntos. En segunda posición remataba Juan José Canosa coa pointer “Z da Chousa” con 67 puntos. Completaba o podio o novo cazador Unai Arteche coa setter inglés femia “Tila de Vilar de Donas” con 60 puntos. |