PAXARILES CORUÑA |
Os mellores cantos provinciais |
4/5/2017 |
XXI Campionato Provincial de A Coruña de Paxaros Cantores O pasado 30 de abril disputouse no Campo de Fútbol Río Seco de Narón, unha edición máis da fase provincial de A Coruña de Paxariles que contou coa organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e coa colaboración da Sociedade Ornitolóxica de A Faísca. A maña transcorreu sen imprevistos e os 100 paxaros cantores participantes foron emitindo os seus cantos para o goce do resto de participantes e público alí presente. Rematada a proba a clasificación final nas diferentes categorías resultou como segue a continuación: Na categoría de Liñaceiro o campión foi José María Fernández Castro cun total de 14 puntos. Dionisio Ares Babarro acadaba o segundo posto con 8 puntos, os mesmos puntos que Jorge A. García Ramos que remataba en terceira posición. En Xílgaro, o primeiro posto era para Iván Fajardo Cao con 42 puntos. Con 39 puntos e en segunda posición remataba Mª Del Pilar Beltran. E xa en terceira posición situábase Juan Luis Pita García con 37 puntos. Jesús Ángel Faraldo Ares en Mixto de Liñaceiro facíase co primeiro posto con 37 puntos. Jose Manuel Villadoniga Coba obtiña a prata con 32 puntos. Mª Ángeles Pérez Arcos completaba o podio con 31 puntos. Na categoría de Mixto de Xilgaro o campión e subcampión era Ramón Lago Castro con 105 e 100 puntos. Con 82 puntos e en terceira posición remataba Fernando Nicasio García. En Verderol o primeiro posto era para Juan Manuel Souto Rico con 27 puntos. Con 24 puntos Pedro Fernández Jiménez era o subcampión namentres que Dionisio Ares Babarro acadaba o terceiro posto con 24 puntos. E xa para rematar, en Mixto de Verderol o campión era Jacobo Romero Gómez con 9 puntos, seguido en segunda posición por Pedro Fernández Jiménez con 5 puntos. Tamén con 5 puntos pero en terceira posición remataba Jacobo Romero Gómez. |