CANS PARADA OURENSE |
Antonio Vilar en Británicos foi o campión en Porqueira |
22/3/2017 |
Copa Federación de Ourense de Cans de Parada O pasado 19 de marzo disputábase a fase provincial de Ourense de Cans de Parada no Tecor de Porqueira. Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor. Destacar a participación de un total de 24 cans, divididos en 3 de razas Continentais e 21 en razas Británicas. En Británicos, o primeiro posto foi para Antonio Vilar co can setter inglés macho “Rocco” que obtivo unha cualificación de 1º EXC. “Gril”, pointer macho, conducido por José María Carnota obtivo o segundo posto cunha cualificación de 2º EXC. E xa no terceiro posto, José María Carnota co setter inglés macho “Halcón” obtivo unha cualificación de 3º MB. En Continentais os cans presentados non obtiveron cualificación.
|