SI AL SILVESTRISMO |
A Plataforma en Defensa do Silvestrismo estrea a súa páxina web e redes sociais |
22/3/2017 |
A Plataforma en Defensa do Silvestrismo, constituída oficialmente a pasada semana por 15 entidades de ámbito nacional e autonómico -entre as que se atopa a Federación Galega de Caza-, publicou onte a súa páxina web www.sialsilvestrismo.com, que recollerá información do traballo realizado pola Plataforma en defensa da modalidade, así como toda a actualidade en relación ao grave problema polo que atravesa o Silvestrismo. Esta páxina web, que ofrecerá noticias e información clara e en tempo real sobre a situación do Silvestrismo, dispón ademais dun apartado documental no que se poñerán a disposición de todos os afeccionados os estudos e argumentos científico-técnicos que avalan a defensa do Silvestrismo. Xunto á páxina web, a Plataforma en Defensa do Silvestrimo terá presenza nas redes sociais con perfís en Facebook e Twitter, onde se compartirá a información publicada na propia web e fomentarase o contacto directo dos afeccionados coa Plataforma e as entidades que a forman. Esta iniciativa xorde como resposta ao movemento de presión mediática levado a cabo polos colectivos e sectores contrarios ao Silvestrismo, polo que desde a Plataforma considérase fundamental sumar o maior número de apoios posibles tanto na web como en redes sociais. Para iso, basta con seguir os perfís da Plataforma en Defensa do Silvestrismo en redes sociais:
Ademais, creouse unha canle de YouTube onde se compartirán vídeos e material audiovisual que apoie o traballo de defensa da modalidade realizado pola Plataforma. |