EN LARACHA |
Os mellores arqueiros da provincia da Coruña |
13/3/2017 |
VI Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco
O pasado 12 de marzo disputouse nos montes de San Román – A Laracha - o Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e o Clube Arco Hércules e coa colaboración da Sociedade de Caza O Petón de Cabo Vilaño. No provincial de Percorridos de Caza con Arco participou un bo número de arqueiros que tentaron clasificarse para o autonómico da especialidade nunha estupenda xornada para os amantes do arco con propostas do máis divertidas e emocionantes para os arqueiros participantes.
Na categoría de Arco Asistido Masculino o primeiro posto da clasificación foi para Oscar Novás Seijas con 221 puntos. En segunda posición situouse o arqueiro Miguel Caruncho Campanario con 175 puntos. En terceira posición, a tan so un punto do segundo clasificado, rematou Sergio Sobral Barcia con 174 puntos. En Arco Tradicional Masculino o primeiro posto foi para Jacobo Santore Lorenzo con 148 puntos. Pablo Martínez Reguera e Carlos Rama Rodríguez, facíanse co segundo e terceiro posto con 123 e 102 puntos respectivamente.
Na categoría de Arco Asistido Femenino foi Dolores Bugarín Codeseda a que acadaba o primeiro posto con 156 puntos namentres que a medalla de prata era para Mari Carmen Novoa Santos con 91 puntos. En Arco Tradicional Femenino resultaba gañadora a arqueira Sonia Mª Ribeiro Costa con 95 puntos por diante de Inmaculada Sta. Marta Rodríguez con 45 puntos. O podio completouno a arqueira Marina Oliveira Amoedo con 32 puntos. En Junior o gañador era o xoven arqueiro José Caruncho Villalba con 59 puntos. Con 37 puntos e en segunda posición remataba Abel López Arias. |