ARCEAS OURENSE
Roberto Miguélez acadou o campionato en Trasmiras
9/1/2017

No Tecor ourensán de Carreiro Ladrón (Trasmiras) disputouse a edición provincial do Campionato de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza de Ourense contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

O campionato trancorreu sen nada salientable e os cazadores inscritos puideron gozar dunha boa xornada de caza de arceas, no referente a climatoloxía e a presenza de picudas.

Foi Roberto Miguelez Sainza coa súa cadela “Luna” o que, con unha arcea abatida, se fixo co título de campión provincial desta edición. O subcampionato recaeu en Jorge Vázquez Iglesias tamén con unha arcea e participando coa setter inglés “Musa” namentres que o terceiro posto, tamén con 1 arcea, era para Jaime Pintos Davila coa súa cadela “Hydra de Pasarín”.