ZONAS QUEIMADAS |
A FGC de Ourense segue ca rolda de xuntanzas coa Administración provincial en materia de caza |
1/12/2016 |
Nesta ocasión coa Xefatura de Medio Rural e a Xefatura de Incendios Provincial O presidente da Federación Galega de Caza en Ourense, Antonio García Reinoso, xunto co seu secretario xeral, Manuel Feijoo Castro, mantiveron unha xuntanza na xornada do 30 de novembro, co Xefe Territorial de Medio Rural e ó Xefe do Servicio de Incendios da provincia de Ourense, para abordar diferentes temas relativos ao desenrolo cinexético e solicitados a FGC Ourense polas diferentes sociedades de caza da provincia. Nesta reunión foron varios os temas a tratar, todos eles de gran interese , pero no que se destacan dous deles pola súa relación directa coas Sociedades de caza. Por unha banda o tratamento das queimas controladas para a mellora do hábitat para favorecer a determinadas especies cinexéticas, e así mesmo como medida de prevención de incendios, no seu caso, na zona onde se realicen. Outro dos puntos a tratar e que ó representante dos cazadores provincial lle solicitou os responsables da Administración foi sobre os informes favorables que os técnicos da consellería correspondente teñen que facer pola prohibición da práctica da caza nos terreos queimados durante 3 anos , facendo fincapé que unha vez vistos os terreos renovados pola vexetación no seu caso, se poida reducir ese período de prohibición, incidindo que non tódolos terreos da provincia son iguais en canto a rexeneración do mato, transmitíndolles os responsables da administración que xa están a traballar nas solicitudes de queimas que teñen solicitadas e que dentro das posibilidades porán os medios necesarios para poder facelas. |