NOVA COMPETICIÓN |
Cans de parada e arceas en As Pontes |
30/11/2016 |
O pasado sábado 26 de novembro disputouse a primeira edición da Copa Federación de Cans de Parada sobre Arcea organizada pola Federación Galega de Caza. Un primeiro paso dado pola FGC para o fomento dos cans de mostra sobre arcea, onde os arceeiros conversaron e intercambiaron opinións sobre as arceas, sobre os cans e sobre a súa caza, que tanta paixón levanta nos derradeiros anos nos cazadores de pluma. Coa colaboración da sociedade de cazadores de As Pontes coa cesión dos seus terreos tiña lugar esta primeira edición na que a abundancia de arceas non foi a desexada pero si na que se puido ver algún que outro bo facer dos cans participantes. Destacar a participación da setter inglés femia de nome “Tuka” de Artemio Formoso, o setter inglés macho “Zeus da Chousa” de Juan José Canosa e o tamén setter inglés macho “Azor da Brisa da Ría” de Eloy Rodríguez Rego. |