ESTE MÉRCORES
A FGC de Ourense mantén unha xuntanza coa Administración provincial en materia de caza
18/11/2016

O presidente da Federación Galega de Caza en Ourense, Antonio García Reinoso, xunto co seu secretario xeral, Manuel Feijoo Castro, mantiveron unha xuntanza na xornada de onte, 16 de novembro, coa Xefa Territorial de medio ambiente e ó Xefe de conservación provincial en materia de caza para abordar diferentes temas de actualidade cinexética e de máximo interese para as sociedades de caza da provincia.

Entre varios dos temas tratados durante a xuntanza, o análise e a continuidade do protocolo de actuación ante os danos provocados polo xabaril foi un deles debatido e contrastado polos directivos da FGC de Ourense e a Administración.

Outro tema de máximo interese  e na cal o máximo mandatario da FGC provincial fíxolle fincapé aos responsables da Administración do estado e axilización da renovación dos Plans Quinquenais e Anuais de Aproveitamento Cinexético pendentes da súa tramitación, dende a Xefatura Territorial se lles transmite, que tódolos Quinquenais presentados están aprobados e con respecto dos anuais apesares de quedar algúns por revisar e que estarán en breve, tódolos Tecores da provincia están a desenrolar con normalidade a súa tempada de caza coa ampliación do plan da campaña pasada.